Buscar/Hemeroteca

miércoles, 31 de mayo de 2017

Vigo pide a Xunta que aposte por Cíes para a candidatura a Patrimonio da Humanidade

O concelleiro vigués Carlos Font clasificou de "bochorno" a candidatura autonómica presentada pola Xunta de Galicia para as Illas Atlánticas como Patrimonio da Humanidade, denunciando a "falta de respecto" aos vigueses e viguesas, pois o Concello de Vigo leva catro anos traballando na candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade da Unesco. 

Nesta liña Font considera que "Sería tremendo", que as dúas candidaturas pasasen ao Ministerio de Cultura, polo que instou á Xunta de Galicia a retirar "de inmediato" a súa proposta e a poñerse a disposición do goberno vigués para lograr este recoñecemento para as Cíes. Apuntou o edil que este é un "tema importante para Vigo e para Galicia", é "un obxectivo dos vigueses" pero tamén "de todos os galegos", e como tal debe ser atendido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. 

Carlos Font recordou que as candidaturas a Patrimonio da Humanidade parten dos concellos, dos territorios afectados, neste caso da cidade de Vigo. O concelleiro planteou "subsanar o que se fixo mal" polo que insistiu na petición á Xunta de retirada da súa proposta e apoio á candidatura municipal, "a única candidatura posible".  [xornal.vigo.org]

No hay comentarios: