Valdeorras, Monterrei e Ribeiro solicitan a declaración de zona catastrófica polas xeadas

Os consellos reguladores das denominacións de orixe de Valdeorras, Monterrei e Ribeiro veñen de solicitar formalmente, perante o Goberno Central e a Xunta de Galicia, a solicitude de declaración de zona catastrófica (actualmente denominada zona de emerxencia), para os seus territorios amparados. 

Esta petición realízase logo das xeadas rexistradas os pasados 26 e 27 de abril nestas zonas vitivinícolas, que afectaron a un 55% dos cultivos de vide no Ribeiro, a un 63% dos de Valdeorras e a un 75% dos de Monterrei (tal e como se expón nos informes técnicos remitidos ao Goberno Central e á Xunta). 

As tres denominacións de orixe unidas non só instan a proceder á declaración de zona catastrófica nos seus territorios, senón que tamén solicitan liñas de axudas para os viticultores e para as adegas amparadas baixo os seus selos de calidade.