
Nesta feira, Turismo de Galicia conta cun expositor para presentar a información da oferta turística de Galicia, relacionada tanto cos congresos como con outros recursos paisaxísticos, gastronómicos ou de infraestrutura hoteleira.
Así mesmo, dentro das actividades que se desenvolven neste certame destacan as xuntanzas de traballo previstas cos principais operadores turísticos europeos relacionados co turismo de reunións.
Por outra parte, está prevista a presentación da oferta turística galega, nun acto que se desenvolverá no propio recinto da feira, así como a asistencia ao actos de promoción organizados pola Oficina de Turismo de España en Fráncfort.
A feira IMEX de Fráncfort consolidouse como unha cita imprescindible para o sector MICE. Na edición do pasado ano superou os 3.500 expositores de 150 países e acolleu a visita de máis de 9000 profesionais vinculados ao sector.