
Durante a visita o grupo informou aos eurodeputados de cal é
a situación actual dos diferentes itinerarios do Camiño de Santiago en Galicia
e das accións previstas cara ao próximo Ano Santo 2021. Ademais, puideron
coñecer as propostas da Unión Europea para protexer as rutas xacobeas, en
especial as tres declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco -o Camiño
Francés, o do Norte e o Primitivo-.
Por outra banda, o grupo encabezado polo xerente do Xacobeo
foron recibidos na Fundación Galicia Europa, onde representantes de organismos
europeos os informaron sobre as posibilidades existentes destinadas a apoiar o
desenvolvemento dos itinerarios culturais.
A xornada terminou cunha mesa redonda no Instituto Cervantes
baixo o título “Reconstruír Europa a través do Camiño de Santiago” que contou
coa participación de Pascal Duchene, presidente da Asociación de Amigos do
Camiño de Santiago belga, Luc de Bolle, presidente da Asociación Flamenca de
Amigos do Camiño Santiago, Monique Walrave, membro da dirección da Asociación
Holandesa de Amigos do Camiño de Santiago e Begoña Valdomar, vicepresidenta da
Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago. A mesa mesa redonda foi
coordinada, presentada e dirixida polo xornalista Xosé María García Palmeiro,
na súa condición de Presidente da Asociación de Periodistas e Estudiosos do
Camiño de Santiago (APECSA).