Proxecto "Revivenda" para dinamizar o rural ourensán

Nace un programa pioneiro en Galicia de rehabilitación de vivendas baleiras no rural, "Revivenda", destinadas a aluguer, grazas a os convenios de colaboración asinados entre o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e os alcaldes da Veiga e Oímbra, Juan Anta e Ana Vilariño,.

O obxectivo desta iniciativa, segundo afirma Manuel Baltar "é dinamizar o rural, fixar poboación e atraer a familias, poñendo en valor os territorios rurais da provincia de Ourense". O programa desenvolverase nos concellos da Veiga e Oímbra, que realizarán as xestións técnicas e administrativas para remodelar vellas vivendas para aluguer e atender aos solicitantes. Baltar, quen xa anunciara no pasado Debate do Estado da Provincia a creación deste programa, destacou o dinamismo que amosan os concellos da Veiga e Oímbra por potenciar o rural, "o cal se reflicte neste programa, unha idea que xurdiu destes dous concellos, da súa capacidade para xerar iniciativas e crer no rural".

A Deputación de Ourense achega un total de 200.000 euros (100.000 euros para cada concello) e os concellos, 10.000 euros cada un. A Veiga e Oímbra contarán coas respectivas ordenanzas municipais para a creación e regulación deste programa de vivendas baleiras en condicións de habitabilidade e sempre cun prezo módico, que incentiven o arrendamento de inmobles que anteriormente se atopaban en condicións non idóneas para o seu uso.

Surxa na búsqueda de impulsar unha acción contundente que permita evitar o despoboamento e o envellecemento, que fomente unha mellora na calidade de vida no medio rural como premisa ineludible para o crecemento demográfico, e establecer novos modelos de explotación dos recursos naturais que impulsen o desenvolvemento local, mantendo os usos tradicionais e incentivando actividades vinculadas aos sectores agrícola, gandeiro, así como a xestión do monte.