Promoción do SICTED en Silleda

O deputado de Turismo en Pontevedra, Santos Héctor, subliñou nunha sesión informativa sobre certificado de calidade SICTED, que se celebrou na casa da Cultura de Silleda, que dende que comezou a campaña de promoción xa son 76 empresas de toda a provincia as que solicitaron a súa certificación.

Acompañaros ao deputado provincial o alcalde de Silleda, Manuel Cuiña; Mabel Vidal, da empresa Casa Cachafeiro; e Arturo Sanpedro, técnico da consultora que desenvolve o proxecto Sicted na provincia. Segundo destacou Santos Héctor, tras os primeiros encontros co sector celebrados en varias localidades da provincia foron 76 empresas as que solicitaron a súa certificación "o que demostra a gran acollida que está a ter entre o sector turístico da nosa provincia a certificación de calidade para mellorar o seu posicionamento no sector". 

O deputado de Turismo recordou que neste intre existen 203 empresas na provincia que contan co certificado SICTED as que sumaríanse estas novas 76 co cal a "falla de case que rematar a campaña de promoción teriamos cumpridos os obxectivos que nos plantexamos ao comezo", tal e como puxo de manifesto.