Premio do Concurso de pinchos de primavera Sabores de Ourense

O primeiro premio do Concurso de pinchos de primavera Sabores de Ourense foi o Gastro-Bar Sanmiguel. O luns 15 de maio procederas e entrega de premios no Salón de Plenos do Concello, onde se darán a coñecer a maiores os gañadores dos 3 premios do público, o premio da aplicación “Sabores de Ourense” e máis o premio especial celíacos.

O luns 8 de maio ás 17:00 reuniuse no restaurante A Taberna o Xurado Profesional da 6ª edición do Concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Primavera 2017 para a concesión dos seus premios. Estes son galardoados:

1º Premio Xurado: “O Atún e a Primavera”, do Gastrobar San Miguel: Atún vermello en remolacha e mariñado en salsa Yoki, xema encurtida e afumada, salteado de trigueros, allo porro e amorodos, aire de Abril e folla de ostra

2º premio Xurado: “Choco Donut”, do Bacelo: Trompe-l'oeil de donut de chocolate, enchido de chocos na súa tinta, con algas e herbas de litoral

3º Premio Xurado: “Tesouro Mariño”, do Tapa Negra: Profiterol enchido de tartar de sardiña afumada, salpicón de boi, mazá “cuí”, aceite de chile doce e crema de ovo fritido con puntilla