Buscar/Hemeroteca

lunes, 15 de mayo de 2017

Orde de clasificados no Spanish Coffee Festival

Willy Gomez e Damián Seijas
O IV Festival de Cafés Especiais SCA España, onde se desenvolveron os Campionatos Estatais de Café, organizados polo Chapter Español da Asociación Europea de Cafés Especiais rematou onte na cidade de Pontevedra. 

Os Campionatos Mundiais celebraranse en Budapest (Hungría) do 13 ao 15 de xuño e alí loitarán cos mellores de cada un dos outros países participantes (ata 50), nas modalidades de World Latte Art Championship, World Cup Tasters Championship, World Brewers Cup e World Coffee in Good Spirits Championship. Á súa vez, o World Barista Championship terá lugar en Seoul (Corea do Sur) do 9-12 de novembro, e o World Coffee Roasting Championship, en Guangzhou (China), en decembro.

Esta é a orde dos clasificados de cada campionato:

Campionato de Coffee in Good Spirits

1º Willy Gomez
2º Damián Seijas
3º Manuel Barragan

Campionato Baristas

1º Axel Simón
2º Raul Alonso
3º Marco de Rebotti

Campionato de Brewers Cup

1º Adrián Fernandez
2º Atanas Valentinon
3º Pedro Balayo

Campionato de Cup Tasters

1ºFernando Franco
2ºCsaba Boka
3ºManu Sisto

Campionato Latte Art

1º Karen Quiroga
2º José Vicente
3º Mario Vidal


O IV Festival de Café Especiais é o resultado do esforzo da Speciality Coffee Association (SCA) por fomentar e difundir a cultura do café, que vai desde o produtor que cultiva a froita, ata o consumidor final que busca gozar da infusión, mediante a educación, difusión e profesionalización do sector. 

Asemade, contou coa colaboración do Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial de Pontevedra, así como do CIFP Carlos Oroza, o CIFP Paseo das Pontes e o IES Terras do Xallas, que achegaron persoas voluntarias para axudar no desenvolvemento do evento.

No hay comentarios: