O Mosteiro de Celanova acollerá a VII edición de "A Emoción dos Viños"

A VII edición da Emoción dos Viños xa está en marcha. O Mosteiro de Celanova acollerá a VII edición de A Emoción dos Viño o sábado 8 e o dominigo 9 de xullo.

Encheran o seu claustro máis de oitenta viticultores adegueiros dunha mestura de territorios e de paisaxes, de culturas da vide e de maneiras de interpretar unha vendima, pero cun propósito común: o da defensa dun viño producido dende o respeto, cun traballo sostible na viña e cunha clara idea de calidade por enriba de cantidade e mercado.

Diversidade de culturas do viño que se fusionan nun encontro emocional e fraternal, onde se partillan experiencias e se orixinan novos proxectos. Somos testemuñas da vangarda do viño e da busca da sua orixe.

A Emoción será outra vez entre as pedras do claustro, a música, a conversa, cos tragos e os aromas dos viños que van Máis Alá… onde os soños se beben.

Haberá servizo de transporte desde Ourense. Os horarios desta cita son o Sábado de 11 a 14 h. e de 17 a 21 h. e a entrada ten un precio de 15€. O domigo de 11 h. a 15 h. e o precio é de 10€. Tamén se pode adquirir a entrada para os dous días por de 20€.