Buscar/Hemeroteca

viernes, 19 de mayo de 2017

O cupón da ONCE do 25 de maio adícase ás Festas da Ascensión de Santiago

O cupón da ONCE do vindeiro xoves 25 de maio leva a imaxe dun cabezudo diante da Berenguela da Catedral pertencente ás festas da Ascensión do ano pasado. Na presentación estiveron o alcalde, Martiño Noriega; o delegado territorial da entidade, Manuel Martínez Pan, e o director da Axencia ONCE de Santiago, José Antonio Riveiro Canosa.

Distribuirase un total de 5 millóns e medio de cupóns e estarán en todos os recunchos a través de 20.000 vendedores en toda España. O delegado territorial da ONCE destacou que é a "mellor tarxeta de presentación" das festas da Ascensión e lembrou que este tipo de imaxes son "a seña de identidade que caracteriza a ONCE e o mellor tributo para calquera acontecemento festivo, artístico ou cultural".

Pola súa banda, o alcalde de Santiago salientou a súa satisfacción por poder colaborar con esta iniciativa e facelo ademais cunha entidade que realiza un gran labor social. Martiño Noriega engadiu que serve para "reforzar o capital simbólico da cidade e a difusión das festas máis picheleiras". 

No hay comentarios: