Novos Mercados para os Produtos Pesqueiros Galego, o 16 de maio en Santiago

Este martes 16 de maio, a partires das 9:15, na EGAP (Santiago de Compostela), terá lugar a xornada "Novos Mercados para os Produtos Pesqueiros Galego".

Busca dar a coñecer ás pemes e autónomos de Galicia que traballan no sector, o apoio que dende a Consellería do Mar se lles prestará para a toma de contacto con novos mercados, mediante visitas guiadas a feiras (nacionais e internacionais) da man de expertos de acordo á súa oferta de produtos e intereses comerciais.

Na Xornada, dunha forma eminentemente práctica, exporanse os obxectivos desta iniciativa e as súas vantaxes. A coordinación e dirección estarán a cargo de InterCo, consultora especializada nos mercados internacionais do sector pesca.

A participación é gratuíta con prazas limitadas, polo que se roga confirmar asistencia enviando a ficha de inscrición adxunta a rocio@interco.es.