Notametraxes17 como avance dos 25 anos doFestival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra

O XXV Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra ten data: do 21 ao 26 de xullo. Sobre os escenario das prazas do Teucro e A Ferrería estarán: Miguel Lama Quartet, Raynald Colom& SPJ Group, Santi Quintiás European Quartet, Cory Henry ante The Funk Apostles, DeRobert and The Half-Truth e Gregory Porter.

Con 25 anos de historia ás costas, o Festival é un referente internacional consolidado e "un dos eventos máis agardados do verán", sinala a concelleira de Festas, Carme da Silva que ten detectado que o evento "non só atrae á xente que lle gusta a música se non que é tamén unha cita de músicos, onde toman contacto e formulan proxectos".

Co gallo deste aniversario tan especial incorpórase unha novidade: a celebración de Notametraxes-17, un ciclo de Jazz en vivo (polo SPJ) e cinema que se vai a desenvolver todos os mércores ate o 7 de xuño no Teatro Principal. 

A entrada é de balde. Na carteleira: "Ascensor para o cadalso" (1958, Ascenseur pour l'Echafaud); de Louis Malle; "The soul of a man" (2002) de Wim Wenders; "Round Midnight" (1986) de Bertrand Tavernier e Joris Ivens vs Seminario de Permanente de Jazz, películas musicadas en directo polo SPJ.