`Moito por descubrir´ chega a Lisboa

O Centro Galego de Lisboa acolleu a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que acompañada pola deputada de Xuventude, Digna Rivas; a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal; o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey; a concelleira de Turismo de Nigrán, Raquel Giraldez; e o concelleiro de Cambados, Xurxo Charlin, presentou a campaña de Rías Baixas "Moito por descubrir". 

Silva resumiu a campaña de promoción en tres activos moi poderosos. "Os Festivais Rías Baixas, unha referencia cultural e musical xa consolidada e cunha enorme proxección nacional e internacional; os seis camiños de Santiago que cruzan a provincia, nos que podemos ver moito do que podemos mostrar ao mundo nas Rías Baixas; e a cultura do viño. Temos o orgullo de contar nada menos que coa capital vitivinícola de Europa este ano, o municipio de Cambados".

O camiño portugués a Compostela, que é un eixo da campaña de promoción, Silva subliñou que "nas Rías Baixas hai ata seis Camiños, que cada ano percorren máis peregrinos. O ano pasado foron 65.000 e este superarase holgadamente esa cifra. Compartimos con Portugal dous deles, aos que temos especial agarimo. Son o Camiño Portugués tradicional, un dos preferidos por quen se dirixe cara a Compostela, e o Camiño da Costa, unha variante desde o Río Miño camiñando xunto ao Océano e a Ría de Vigo. As Rías Baixas son o paso natural dos nosos irmáns portugueses cara a Santiago e estamos orgullosos de que coñezan a nosa terra, cultura e patrimonio. Ao longo da historia os camiños foron un gran vínculo social, económico e cultural entre Galicia e Portugal e queremos impulsalo con máis forza aínda". 

Carmela Silva recordou a nova enlace aérea diaria da TAP entre Vigo e Lisboa, en menos de 50 minutos coa . Precisamente Paulo Salles, da compañía aérea lusa, destacou a aposta da TAP por Galicia "pola gran atracción desta rexión para o mercado luso. Seguimos apostando polo potencial de viaxes entre ambas comunidades e mostrar a riqueza de ambos países".

O final do evento degustáronse viños da adega "Quinteiro da Cruz", preparados de conservas "Os Peperetes"; galletas Albariñas; e queixos de Dona Cobiña e as marmeladas de Amorodo, dúas empresas da comarca do Deza.