Ir al contenido principal

Los40 Trending on Stage abre o cartel da Ascensión en Santiago

O concerto de Los40 Trending on Stage reunirá no escenario da praza da Quintana, con entrada libre, a Miss Caffeina, Shinova, Luis Brea y El Miedo e Druso para abrir as festas da Ascensión en Santiago de Compostela. A concellería de Mocidade, Noa Morales, presentou a primeira gran cita da Ascensión 2017, acompañada polo director rexional da Cadena SER en Galicia, Jordi Jordá, e polo coordinador rexional da emisora, Gabi Davila.

Noa Morales explicou que o cartel "está especialmente pensado para a mocidade", e invitou aos rapaces e rapazas a asistiren a un concerto "cheo de grupos que van dar moito que falar nos próximos tempos". A edil lamentou que a Ascensión coincida este ano en temporada de exames para os universitarios, pero invitounos "a facer un alto nos seus labores de estudo para non perder esta cita musical de primeira".