Buscar/Hemeroteca

miércoles, 31 de mayo de 2017

IV Foro de distribución hoteleira no CSHG


O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) acolleu hoxe o IV Foro de distribución hoteleira, unha xornada divulgativa incluída na Xira Hotelaria, un conxunto de eventos deseñados especialmente para o sector hoteleiro que está a percorrer distintas cidades de España.


Cun claro espírito divulgativo, na xornada celebrada en Santiago participaron como relatores representantes de empresas hostaleiras e turísticas como Legal Travel, Oca Hotels, HotelsDor ou CN Travel.

Entre os contidos do foro, os protagonistas foron a intermediación e a paridade e estivo estruturado arredor dun panel de expertos que ofreceron respostas a distintas preguntas.

Entre outros asuntos, os participantes puideron coñecer as claves para ser más competitivos, a posibilidade de paridade de prezos tal e como se entende actualmente a intermediación ou a lei sobre as cláusulas de paridade.

O principal obxectivo deste foro organizado no Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) foi o de ofrecer solucións aos problemas reais cos que se atopan os hoteleiros e dar distintos puntos de vista para enriquecer as conclusións e axudar aos participantes a ser máis competitivos nos seus negocios.

No hay comentarios: