Buscar/Hemeroteca

lunes, 8 de mayo de 2017

Italia incrementou a importanción de produtos pesqueiros e da acuicultura galegos

Galicia incrementou en máis dun 11% as exportacións a Italia de produtos pesqueiros e da acuicultura no último ano. Así o anunciou a directora xeral de Pesca Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, nunha visita que realizou hoxe á empresa italiana Acquacoltura Lagunare Marinetta (Almar), dedicada ao cultivo de moluscos -sobre todo de ameixa e mexillón-, situada ao norte do mar Adriático.

A directora xeral explicou que, segundo os datos que manexa o Instituto Galego de Estatística (IGE), o ano pasado aumentaron as exportacións de xeito destacado, pasando de facturar máis de 55 millóns polas exportacións de produtos pesqueiros e da acuicultura no 2015 a ingresar máis de 61 millóns no 2016. Nesta liña, explicou Mercedes Rodríguez, “os datos amosan a importancia cada vez maior de Italia como socio comercial de Galicia”, sinalou.

Así, a directora xeral salientou que os produtos da pesca e da acuicultura exportados a Italia, sumados á alimentación en xeral, supuxeron a facturación de máis de 700 millóns de euros o ano pasado. Destacou a directora que, dende o 2008 aumentaron os ingresos por exportacións a este país case un 64%.
rarias, persoal investigador e estudantes. A súa función é optimizar a produción vinícola a través da investigación e da experimentación, pasando polo asesoramento aos integrantes dun sector ten estratéxico para a economía de Galicia.

No hay comentarios: