Buscar/Hemeroteca

jueves, 4 de mayo de 2017

Gastronomía na segunda xornada da Ourense ICC Week 2017

O Centro Cultural "Marcos Valcárcel", acolleu na tarde da segunda xornada da "Ourense ICC Week" unha mesa redonda sobre gastronomía "O condimento perfecto: a creatividade" na que participarán o redactor de recetasderechupete.com, Alfonso López; o Chef, Pepe Solla; o chef, Javier Olleros; a redactora xefa de "El Comidista", Mónica Escudero; e os chefs dos restaurante "Nova" de Ourense, Julio Soutomayor e Daniel Guzmán.

Este xoves, 4 de maio, pola mañá, as actividades retómanse no Castelo de Maceda onde a produtora Concha Fontenla ofrecerá un relatorio sobre "A produción no cine e a televisión", de 10.00 a 12.00 horas e continuará o director de cine, Oliver Laxe, quen falará da travesía da película "Mimosas" cómo se fixo, de 12.00 a 14.00 horas.

Pola tarde, as actividades continúan no edificio La Molinera desenvolverase relatorios sobre as tendencias na cultura dixital, na que participará, ás 16.00 horas, de Ouishare, Pako Rodríguez, quen falará da economía colaborativa; ás 17.30 horas será a quenda para o director do ESEI Campus de Ourense, Fran Rodríguez, o director do Outono Fotográfico, Xosé L. Vázquez e o director xeral VEGAP, Javier Gutiérrez, que debaterán sobre "A fotografía ante a economía do coñecemento". Por último, ás 19.30 horas, o director de contidos de El País Retina, Jaime García ofrecerá un relatorio sobre "Tendencias '17".

No hay comentarios: