Buscar/Hemeroteca

miércoles, 17 de mayo de 2017

Galicia é líder en exportación de produtos do mar

Galicia é a principal comunidade autónoma española en exportación de produtos do mar e representa máis do 30% do total do volume de exportacións destes produtos de España, exceptuando os peixes secos, salgados e afumados. Así o destacou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a clausura da xornada Novos mercados para os produtos pesqueiros galegos, organizada pola Consellería do Mar.

A conselleira destacou neste eido o potencial da industria conserveira galega, pois “a nosa capacidade exportadora medra de ano en ano, ata chegar arredor do 80% das exportacións deste tipo de produtos en España”, subliñou a titular de Mar. Neste sentido, destacou o incremento no 2016 do 7% do volume de exportacións e dun 10% no seu valor con relación ao ano anterior. 

De aí, sinalou, a aposta da Consellería do Mar “por un futuro ligado á industria de transformación dos produtos do mar, cun apoio de case 100 millóns de euros que o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca pon a disposición das empresas ata o 2020”. Esta aposta, explicou, pasa por incrementar a competitividade dos produtos galegos do mar nos mercados nunha tripla vía.

No hay comentarios: