Elsa Punset e Javier Rioyo inauguran a Ourense ICC Week

Comeza terceira edición da Ourense ICC Week. Ata o 7 de maio, Ourense será o epicentro da cultura, creatividade, audiovisual, música, novas tecnoloxías, gastronomía e as tendencias dixitais. 

O evento reunirá a uns 40 ponentes de diversos campos que participarán nas case 120 horas de actividade que ofrece o evento.

A xornada inaugural desta edición conta con Elsa Punset, Javier Rioyo como convidados especiais. Presentados por José Manuel Baltar, ambos exporán a súa visión sobre a cultura e a creatividade como valor nos territorios ás 18h00 no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense) nun encontro que xa ten todas as súas entradas esgotadas.

Ao remate, Depedro ofrecerá un concerto ás 21h00 no Teatro Principal de Ourense para presentar o seu último traballo, "El Pasajero". Con este proxecto musical en solitario, Jairo Zavala ofreceralle ao público un traballo sorprendente pola súa propia linguaxe sonora e literaria, tan sinxelo coma cheo de sons.