Chega o festín do salmón da estrada

A Festa do Salmón, que se celebra en A Estrada o terceiro domingo de maio (día 21), que é o día da degustación popular -coa participación de perto dunha vintena de restaurantes da localidade-, é únha das citas gastronómicas máis importantes do calendario galego. 

Co paso do tempo, a Festa do Salmón foise enriquecendo coa incorporación de diferentes actividades que a día de hoxe convértena nun referente: o Concurso Internacional de Pesca do Salmón, a degustación popular, ou a degustación de tapas entre outras actividades.

Nada no ano 1974, foi declarada Festa de Interese Turístico Galego en 2013. Con máis de catro décadas de historia é, na actualidade, un dos principais atractivos turísticos de A Estrada, xunto coa Rapa das Bestas de Sabucedo, a primeiros de Xullo e Festa de Interese Turístico Internacional, o Entroido do Ulla ou o Pazo de Oca.

Aínda cando as capturas do “rei do río” comezaron a diminuír, a sabedoría e experiencia adquiridas polos cociñeiros e cociñeiras da localidade axudaron a converter a Festa do Salmón nun altofalante que leva a sona da gastronomía estradense por Galicia adiante e tamén por toda España.

Se ben é certo que a cociña da capital de Tabeirós-Terra de Montes é prolífica e de fama recoñecida na preparación de moitos pratos, o salmón sitúase por riba de todos eles con máis dun cento de xeitos
de preparalo. De feito, a lenda apunta que os fogóns destas terras coñecen preto dun milleiro de formas de darlle sabor ao “rei do río”, moitas delas xa recuperadas en varias publicacións e receitarios.

E lembren, calquera época do ano e boa para ir degustar o salmón aos restaurantes estradenses.