
Estas
solicitudes refírense só á primeira convocatoria de prazo que rematou o 31 de
marzo e terá que ser resolta polos grupos e remitida á Axencia Galega de
Desenvolvemento Rural (Agader) antes do 30 de xuño. Agora estase na fase de
avaliación pero xa hai unha segunda convocatoria para a presentación de máis
proxectos, que será resolta segundo a dispoñibilidade de fondos. É relevante
que por primeira vez este ano permítese a transferencia de orzamentos entre
grupos. Asignación inicial é igual para todos, 563.337,58 euros por GDR (en
total hai 3,5 millóns de orzamento para este ano), pero o próximo exercicio os
grupos serán puntuados segundo a execución das súas iniciativas. Polo tanto,
“os proxectos competirán para ser elixidos co fin de garantir unha maior
calidade na asignación de fondos públicos”, explicou a titular do Medio Rural.