Axudas para os viticultores e adegueiros afectados polas xeadas

A Xunta de Galicia acordou abrir unha nova liña de apoios que permitirá mobilizar 10 millóns de euros axudar ás explotacións do sector vitivinícola galego que se viron afectadas pola xeada. O principal obxectivo é xerar unha maior liquidez a adegas e viticultores, é dicir, a autónomos, sociedades civís, cooperativas e sociedades mercantís con tamaño de pequena e mediana empresa.

A iniciativa, aprobada no Consello da Xunta e promovida polas Consellerías de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e do Medio Rural, contribúe a bonificar os tipos de xuro e facer fronte ás garantías requiridas polas entidades bancarias ás empresas do sector. 

Neste sentido, os apoios buscan rebaixar os xuros tanto para préstamos concedidos para o refinanciamento de pasivos como para acceso a circulante.

Na mesma liña que se persegue coas axudas que se abriron para o sector lácteo, o programa permitirá reducir a custe cero o tipo de xuro dos préstamos outorgados polas entidades bancarias nestes dous campos -refinanciamento de pasivo e circulante-. Este límite vén determinado pola normativa actual, que establece nesta cifra a contía máxima de axuda que se pode obter para cubrir os gastos financeiros e as comisións de avais.

O prazo para o refinanciamento deberán ter un mínimo de 3 anos. En ambos casos, cando a operación leve incorporado aval dunha Sociedade de Garantía Recíproca (SGR), compensarase a comisión de constitución. Ademais, cando a operación sexa de outorgamento de circulante, o Igape reavalará ás propias SGR o 25% do risco.