Aprobado o Plan Estratéxico 2017-2019 de Cidades Patrimonio

Durante a Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, celebrada en Eivissa. aprobouse o Plan Estratéxico 2017-2019, estivo presidida polo alcalde de Eivissa, Rafael Ruiz, e contou A primeira tenente de alcalde de Santiago, María Rozas

que terá como alicerces fundamentais: a consolidación do Grupo como unha entidade de influencia e prestixio nos tres campos da súa actividade -patrimonio, turismo e cultura- ante entidades públicas e privadas nacionais e internacionais; a consolidación de marca Cidades Patrimonio como sinónimo de turismo cultural de calidade; afianzar o Grupo como entidade modelo na xestión do Patrimonio Mundial; reforzar a tarefa de divulgación do valor do Patrimonio Mundial entre os distintos colectivos sociais; e a xestión económico-financeira baixo os criterios de eficiencia e transparencia.

Tamén se aprobou a modificación dos estatutos do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade co obxectivo de facilitar a incorporación de entidades privadas no labor que desenvolve o Grupo na defensa e promoción das 15 cidades, e se deu o visto bo a novas alianzas do Grupo coa Fundación ONCE, para facer as cidades accesibles, e con Marca España, para situar as 15 cidades como destinos culturas de excelencia, tarefa que se fai xa grazas a alianzas con Turespaña e Paradores.

Durante a Asemblea, aprobouse a posta en marcha dun grupo interno de traballo, presidido polo alcalde de Eivissa, Rafael Ruiz, co fin de preparar un borrador de actividades coas que conmemorar, durante o ano 2018, o 25 aniversario da creación do Grupo.

Tamén se comunicou que a presidencia do Grupo, a partir do 1 de xullo, será asumida pola cidade de Córdoba, na persoa da súa alcaldesa, Isabel Ambrosio.