Buscar/Hemeroteca

miércoles, 31 de mayo de 2017

Actividades do 50 aniversario do CIFP Compostela

Dentro do programa de actividades que o CIFP Compostela ven desarrollando polo seu 50 aniversario, celebraron no seu salón de actos unha charla con Sergi Arola, Pepe Vieira e Iago Pazos sobre “O éxito empresarial na restauración. A figura do chef emprendedor”. 

Con esta xornada pechouse a primeira parte do programa de actividades da celebración do aniversario. Os actos reanudaranse despois do parón estival, nos meses de outubro e novembro, con máis conferencias e catas en directo. Pódese consultar a programación completa a través da páxina web habilitada pola escola para a ocasión: http://50cifpcompostela.com/gl/http://50cifpcompostela.com/gl/.

Desde os seus inicios en 1967, o CIFP Compostela foi referencia internacional para a formación hostaleira. Ao principio atraía sobre todo alumnado da maioría das comunidades de España, pero tamén era moi importante a presenza de estudantes provenientes de países do continente americano: México, Colombia, Perú e Arxentina. Hoxe en día seguen chegando alumnos de América e tamén de Europa.

Por este centro pasaron alumnos practicamente de toda España, sobre todo de Asturias, Castela-León, Cantabria, Euskadi e Canarias ata que nas respectivas Comunidades Autónomas foron creando centros de formación en hostalería.

Resaltar, como parte dos méritos acumulados pola escola, a presenza entre os alumnos dos seus cincuenta promociones de moitos profesionais que lograron estrela Michelin, empresarios e profesionais de recoñecido prestixio nacional e internacional.

Os actos programados queren poñer en valor o importante labor do centro na profesionalización do sector con miles de alumnos formados nas súas aulas, ademais de dar a coñecer o alto nivel técnico do seu profesorado como garantía dunha formación axustada aos estándares de calidade e competitividade requiridos por un sector crave na economía galega.

No hay comentarios: