Acordo de colaboración entre a Deputación de Ourense e a Waterkeeper Alliance

O protocolo firmado entre o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar,e o co fundador e presidente da ONG Waterkeeper Alliance, Robert F. Kennedy Jr., ten como obxectivo analizar a posibilidade de colaboración entre a Deputación de Ourense e esta entidade medioambiental para realizar estudos de protección de ríos na provincia de Ourense. 

O río que se valore analizar sería o primeiro de Europa que a Waterkeeper Alliance estudaría no que atinxe ás variables medioambientais, como a conservación da biodiversidade ou a xestión sustentable do territorio fluvial e os seus recursos, entre outros factores.

Na reunión de Partenalia, na que Kennedy participará como experto en asuntos medioambientais internacionais, abordaranse temas de sustentabilidade, medio ambiente e transparencia, tamén participará o presidente da American Sustainable Business Council, David Levine. 

Manuel Baltar afirma que será "unha excelente ocasión para analizar as oportunidades que a economía sostible ofrece ás administracións públicas e ás empresas, dentro do importante papel que están chamadas a xogar nun mundo globalizado onde o respecto polo medio ambiente e xa determinante á hora de xestionar e desenvolver políticas e proxectos que acheguen competitividade aos territorios".