A Xunta iniciará este verán o expediente de declaración de Ben de Interese Cultural da Ribeira Sacra

O A Xunta de Galicia iniciará este verán o expediente de declaración de Ben de Interese Cultural da Ribeira Sacra, traballo que se espera remate cara ao final desta lexislatura e que suporá, desde o mismo momento no que se comece, a protección integral desta zona. 

O anuncio, realizado hoxe polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, durante unha visita ao mosteiro de San Pedro Rocas, supón a ratificación dun compromiso polo que ven de traballar as Deputacións de Ourense e Lugo,

No acto desenvolvido en San Pedro de Rocas, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, lembrou que neste mesmo espazo comezou o relanzamento da debandita candidatura. Un mosteiro, dixo, “que é o punto de referencia da Ribeira Sacra, non só por ser o lugar máis visitado desta zona, senón tamén polo seu valor histórico e cultural ao ser o mosteiro máis antigo de Galicia”.

Manuel Baltar subliñou que a protección integral da Ribeira Sacra e a súa candidatura é un labor “no que estamos a traballar todas as administracións implicadas, como as deputacións de Ourense e Lugo, os concellos e, hoxe, coa visita do presidente da Xunta recibimos un impulso máis”.