Buscar/Hemeroteca

viernes, 26 de mayo de 2017

Á pesca de turismo náutico

A Consellería do Mar está a traballar na captación de novos clientes náuticos procedentes de diferentes puntos de Europa para o conxunto das instalacións náutico recreativas galegas, tanto dependentes da Xunta coma do Estado. Así o ratificou a titular do departamento autonómico, Rosa Quintana, na reunión de coordinación das Autoridades Portuarias de Galicia que se celebra periodicamente na sé dos diferentes portos estatais e que esta mañá tivo lugar na Autoridade Portuaria da Coruña, despois dunha visita ao porto exterior de Punta Langosteira.

A titular de Mar explicou que, co obxectivo de incrementar o volume de negocio das dársenas recreativas de Galicia, a Consellería do Mar ten deseñada unha estratexia conxunta de promoción da náutica de recreo en Galicia que pasa por duplicar a presenza da representación náutica galega en eventos promocionais de carácter internacional ao longo deste ano.


Para iso, a Consellería, a través de Portos de Galicia e en coordinación con Turismo de Galicia, encabezará a participación dos xestores náuticos galegos en diferentes salóns e feiras náuticas nos que poderán presentar a oferta de servizos e instalacións náuticas da nosa comunidade. 

No hay comentarios: