Buscar/Hemeroteca

sábado, 13 de mayo de 2017

A Fundación de Ferrocarís Españois publicita a futura vía verde Vilagarcía-Caldas de Reis

A futura Vía Verde que discorrerá entre Vilagarcía, Caldas de Reis e Portas xa se está a promocionar a nivel nacional a través da publicación dixital da Fundación de Ferrocarrís Españois. No seu boletín do mes de maio, a Fundación publica unha información sobre os traballos de redacción do proxecto da que será a primeira senda integramente galega creada nun tramo de vía en desuso. Ademais, a Área Técnica da Fundación anunciou que en breve remitirán un avance do proxecto para recoller as opinións e suxerencias dos respectivos concellos.

A noticia pode lerse na web www.viasverdes.com reporta unha importante difusión e promoción do proxecto, posto que a o boletín dixital da FFE conta actualmente con 12.000 subscritores, ao que hai que engadir os 5 millóns de visitas cos que cota a web da Fundación. As distintas fases de execución do proxecto e de construción tamén se irán dando a coñecer a través destes medios co obxectivo de que a Vía Verde sexa xa bastante coñecida no momento da súa apertura.

Na información explícase que o proxecto que está redactando a Área Técnica de la Gerencia de Patrimonio Histórico y Turismo Ferroviario da FFE, recuperará como vía verde os 9,20 quilómetros do percorrido entre Vilagarcía de Arousa e a estación de ferrocarril de Portas.

Tamén se advirte de que este antigo trazado ferroviario converterase na primeira vía verde que discorrerá integramente na comunidade galega, e que o seu acondicionamento permitirá a conexión dos camiños portugueses e a costa cara Santiago de Compostela.

Os primeiros 7,95 quilómetros discorren polo antigo trazado ferroviario, dende o lugar de Abelle, na parroquia de Rubiáns, en Vilagarcía e as proximidades do Monte Agoseite en Portas. A estes súmase un traxecto de 1,25quilómetros que discorre polo camiño asfaltado do lugar de O Souto e a rúa Estación, para finalizar na estación de ferrocarril de Portas.

Na nota destácase como elemento atractivo da rota, o acondicionamento da ponte metálico que salva o río Umia, no límite municipal entre Caldas e Portas, construción que os técnicos cualifican como "un magnífico exemplo da enxeñería ferroviaria de finais d século XIX, con 3 vanos e unha lonxitude total de 64 metros.

Outros elementos de interese que salientan os redactores son a antiga azucareira de Portas, "claro exemplo do patrimonio industrial", construcións de relevancia arquitectónica e de encanto singular como o Pazo de Rubiáns e os seus xardíns de camelias; así como numerosos rincóns e construcións históricas das comarcas do O Salnés e Caldas en na provincia de Pontevedra.


No hay comentarios: