Buscar/Hemeroteca

miércoles, 3 de mayo de 2017

700.000 euros da Deputación da Coruña para contratar informadores turísticos

Os obxectivos da liña de subvención destinada aos concellos da área de Turismo da Deputación da Coruña que vén de facer a concesión de 700.000 € son a mellora da calidade dos servizos de atención turística, a profesionalización do sector e a contratación de persoal técnico son 

Son 50 solicitudes presentadas para a contratación de persoal das oficinas de turismo nos concellos de menos de 50.000 habitantes. A resolución do programa, que se fixo pública no BOP deste martes día 2 de maio, e contempla concellos e agrupacións de concellos da provincia que verán reforzados os seus servizos de atención turística.

O importe total das subvencións concedidas ascende a 699.984 ,78€ que se destinan a contratación de persoal nos concellos da Capela, Laracha, Pobra do Caramiñal, as Pontes de García Rodríguez, Ares, Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Boqueixón, Cabanas, Camariñas, Carballo, Cariño, Carnota, Cedeira, cee, Cerceda, Corcubión, Culleredo, Dumbría, Fisterra, Lousame, Malpica de Bergantiños, Melide, Miño, Monfero, Mugardos, Muros, Muxía, Narón, Negreira, Oleiros, Ortigueira, Padrón, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Sada, Santiso, Sobrado dos Monxes -concesión na que se contratará persoal técnico que atenda aos concellos de Boimorto, Sobrado e Vilasantar- , Teo, Touro, Valdoviño, Vedra, Vimianzo, Zas e O Pino.

Con esta liña de axudas potenciarase a proxección do turismo nos concellos da provincia ademais da creación de novos postos de traballo para persoal con formación específica en materia de turismo. "A liña responde ao obxectivo da área de Turismo de optar por unha oferta de calidade que se afortalará na temporada alta máis que camiña cara un turismo desestacionalizado ao longo de todo o ano", sinalou o responsábel da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira.

No hay comentarios: