Xornada de presentación do Clúster de Turismo na APEHL

Este mércores o Clúster Turismo de Galicia celebrou unha xornada  na sede da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo (APEHL) para dar a coñecer máis en profundidade os proxectos e actividades nas que se atopa inmerso. 

Trátase da primeira das presentacións oficiais que o Clúster de Turismo está realizando a nivel provincial para dar a coñecer os seus proxectos.

Participaron neste evento o presidente do Clúster, Francisco González, o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Cheché Real, o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal, e o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. ademáis do Voceiro municipal lugués, Miguel Fernández, e á Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, 

Miguel Fernández destacou que “o Concello traballa para reforzar o turismo como unha potencialidade e un motor económico para a cidade, o que pasa por poñer en valor e difundir a inmensa riqueza da que dispoñemos, histórica, cultural, medioambiental e gastronómica”.