Buscar/Hemeroteca

lunes, 24 de abril de 2017

Santiago tivo unha ocupación de casi o 90% en Semana Santa

Segundo os datos da Asociación Hostalería Compostela, a ocupación media durante a Semana Santa en Santiago foi dun 88,89 % en hoteis e dun 88,02 % en pensións. Trátase dun dato global tendo en conta os estabelecementos do Casco Histórico, da zona nova e dos arredores da cidade. No Casco Histórico en particular logrouse a ocupación plena nalgúns establecementos os días xoves, venres e sábado.

Estas cifras anticipan unha temporada turística positiva, que continuará na liña de crecemento dos últimos anos. Dende Turismo de Santiago estímase que por primeira vez poderán superarse as 1.400.000 pernoctacións na cidade. 

Estes datos forn facilidados pola concelleira de Turismo, Marta Lois, e a presidenta da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos, durante a valoración dos resultados da segunda edición de Santiago Paixón Doce, programa gastronómico que naceu o ano pasado coa idea de promocionar como atractivo turístico a tradición larpeira da cidade durante a pasada Semana Santa. 


A segunda edición de Santiago Paixón Doce celebrouse do 7 ao 17 de abril e nela participaron cafeterías e restaurantes da cidade, que incluíron nas súas cartas produtos e preparacións doces tradicionais da Semana Santa, como torrixas, leite fritida, bolos de vento, rosquillas, melindres, rosca, chocolates "de paixón" ou tortas. Este ano abriuse a participación a outro tipo de establecementos, como panaderías e pastelerías.


O consumo situouse en algo máis dos 1.500 doces durante os dez días de duración do evento, arredor dun 15% máis que o ano pasado. Tanto a concelleira coma a presidenta da Asociación sinalaron que Santiago Paixón Doce serviu para promocionar a gastronomía máis típica da cidade nas datas de Semana Santa. Pero ademais permitiu reforzar a coorganización de eventos entre o Concello e a Asociación seguindo o modelo habitual dende o 2015.


No hay comentarios: