Programación da XXVI Festa do Requeixo e da Mel

A XXVI Festa do Requeixo e da Mel se celebrará o venres 14, Venres Santo, Na presentacióne das actividades paralelas que se farán entorno a dita festa estivo D. Xosé M. Rodríguez Méndez, alcalde das Neves, Alejandro Martínez, xerente da cooperativa Condado Paradanta e Mari Alvarez, coordinadora de actividades. 

O pregón da festa este ano estará a cargo de Pepe Solla, estrela Michelín e chef de Casa Solla, e dará paso a degustación do requeixo e mel nas carpa situada na praza Maior do Concello” O Mércores 5 será a “Cociña en directo con Requeixo e Mel” Obradoiro de cociña que imparten os cociñeiros Angel Martínez e Victor Otero do restaurante “ A Xanela Gastronómica “ en Ponteareas. Este Obradoiro será nas instalacións da EFA as 20:00 horas e para 35 persoas. Para anotarse hai que chamar ao 686978607. 

O venres 7 será o quenda dos alumnos de 4 e 5 do CEIP na actividade “ Melqueixo miúdo” que se trasladarán ata as instalacións da EFA onde aprenderán a cociñar con Requeixo e mel. O sábado 8 no mercado das Neves será un taller de elaboración de requeixo a partir das 19:00h dirixido por produtoras familiares de requeixo. Este taller ten prazas limitadas e cun custe de 10 euros. Para anotarse e mais información no teléfono 686978607.

O xoves 13 “Descubrindo Cerdeira. Orixes do requeixo e do mel” unha andaina pola parroquia onde se comenzou a elaborar requeixo e será unha ruta guiada onde participarán veciños e membros da Asoc. Sannomedio para descubrir os participantes a vida desta parroquia e o final da ruta poderase probar o requeixo e a mel. Este mesmo día as 21:00 h no auditorio haberá un concerto a cargo do grupo “Malvela”. 

O día da festa haberá actividades tamén para os mais pequenos, actuación de Peter Punk e durante toda a xornadas a actuación musical correrá a cargo de Ronco&Fol. “ Invitamos a asistir tanto a festa como as actividades programadas co fin de continuar dando a coñecer non so o Requeixo senón tamén a preservar as orixes da súa elaboración. “ verbas do Alcalde animando a participación activa nas actividades.