Buscar/Hemeroteca

jueves, 6 de abril de 2017

O ciclo "Primavera no Camiño" crega en abril a Abegondo, Cambre, Betanzos e Carral

As conferencias do ciclo "Primavera no Camiño", impulsado pola Deputación da Coruña, co obxectivo de dar a coñecer os múltiples atractivos etnográficos, culturais, naturais e arquitectónicos desta antiga ruta xacobea que discorre integramente pola provincia da Coruña, chegan este mes a Abegondo, Cambre, Betanzos e Carral.

Abegondo acolleou onte a primeira destas charlas, a cargo do xornalista Cristóbal Ramírez, presidente durante vinte anos da Asociación de Xornalistas do Camiño de Santiago e experto en divulgación das rutas xacobeas,  hoxe terán lugar en Cambre (Museo Arqueolóxico, 20h.), o xoves 20 de abril en Betanzos (Salón Azul do Edificio Liceo, 20 h.), e o xoves 27 de abril en Carral (Casa da Cultura, 20 horas).

O ciclo estase a desenvolver en oito municipios polos que discorre este itinerario xacobeo e pretende de "divulgar os segredos desta ruta bicéfala, que conecta A Coruña e Ferrol con Santiago de Compostela e que pode percorrerse comodamente en catro días", explicou Ramírez.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, apuntou que con esta campaña a institución provincial pretende "unir as forzas da Deputación e dos dezaoito concellos polos que pasa o Camiño Inglés" para aproveitar o "enorme potencial turístico e económico" desta antiga ruta xacobea.

O vindeiro 22 de abril vaise celebrar a actividade central desta campaña en Betanzos,  que se converterá no epicentro do Camiño Inglés por un día coa celebración dun evento no que os dezaoito concellos polos que discorre o Camiño Inglés presentarán, noutros tantos postos situados na praza García Irmáns do centro do municipio, a súa oferta turística, cultural e gastronómica.

Será posible degustar produtos típicos de cada un dos 18 municipios do Camiño Inglés e coñecer a diversidade da oferta turística e cultural que ofrece o itinerario.

No hay comentarios: