Micah P. Hinson actuará na Ourense ICC Week

A Ourense ICC Week desvela por fin cal será o seu "concerto sorpresa" desta edición: unha actuación do norteamericano Micah P. Hinson que terá lugar o venres 5 de maio. O artista, caracterizado por unha herdanza do folk-rock clásico e o seu xeito de entender a angustia e a calma da súa xeración, visitará os Xardíns do Padre Feijoo para deleitar ao público asistente coa música do seu útimo disco "Broken Arrows" -publicado en maio do pasado ano-, e facer un repaso polos seus ateriores traballos.

Péchase así a programación musical da ICC Week 2017, completándose un cartel formado por Depedro (Teatro Principal, martes 2 de maio ás 21h00), The Funkles (Centro Cultural Marcos Valcárcerl, mércores 3 de maio ás 21h00, gratuíto), Micah P. Hinson (Xardíns Padre Feijoo, venres 5 ás 21h00, gratuíto), Bigott e Malandrómeda (Xardíns Padre Feijoo, sábado 6 de maio de 12h00 a 16h00, gratuíto) e Juan Magán (Pazo dos Deportes Paco Paz, sábado 6 de maio ás 20h00).