Maridaxe do melindre de Melide con vinho verde en Viana do Castelo

O melindre de Melide e os doces típicos da repostería tradicional melidense, serán os protagonistaso venres día 28 de Abril, dunha xornada de maridaxe con vinho verde na Escola de Hotelaría e Turismo (EHT) de Viana do Castelo (Portugal) para os alumnos da especialidade de pastelería.

Este proxecto de internacionalización da festa na rexión norte de Portugal, pasa pola divulgación dos melindres e doces típicos da repostería tradicional de Melide entre os futuros cociñeiros e hostaleiros que se están formando nas EHT, da man dos mestres reposteiros da Asociación de Repostería Tradicional de Melide.

Na xornada participarán bodegas y vinos de DOC Vinho Verde e membros do ente de Turismo Norte de Portugal, así como persoal docente da EHT de Viana do Castelo.

Continúa así a promoción da repostería tradicional de Melide nos actos da “XXVI edición da Festa do Melindre”, #Melindre2017, que en verbas da alcaldesa Dalia García Couso, sirve “para proxectar o noso concello no exterior e afianzar a nosa festa, como un dos motores de atracción do turismo e da gastronomía en Melide, Cerne de Galicia”.