Máis de 4.000 visitantes en dúas semanas nas Ruínas de San Domingos

O deputado de Cultura e Lingua en Pontevedra, Xosé Leal, fixo público que as Ruínas de San Domingos recibiron un total de 4.323 visitantes nas dúas semanas que levan abertas ao público. 

Tras o habitual peche durante o inverno, as Ruínas de San Domingos retomaron o seu horario habitual de apertura ao público o pasado 4 de abril. Desde entón, en só dúas semanas, contabilizaron 4.323 visitas, das cales 3.027 corresponden á Semana Santa. Os días de máis afluencia de público foron o Xoves e o Venres Santo, con máis de 800 visitantes cada día.Neste sentido, Xosé 

Leal fixo fincapé en que "as Ruínas son un dos enclaves que máis lle gusta visitar á xente, pola súa singularidade arquitectónica e pola carga histórica que atesouran". O deputado de Cultura e Lingua asegurou ademais que "todos os esforzos realizados no pasado ano para reabrir este espazo ao público, vense amplamente recompensados coa resposta da cidadanía, atendendo a este número sempre tan elevado de visitantes".