
O requeixo é un manxar elaborado moi especialmente na parroquia de Cedeira, utilizando leite enteiro de vaca, sen engadirlle sal, e aderezado con mel seguindo a tradición.
Adoita acompañarse con viño de Rubiós, excelente e recoñecido tinto da zona vencellada xeográfica e históricamente á comarca do Condado e área vínicola baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas. Tampouco non han faltar os brancos Condado e Albariño.
A xornada, co desenvolvemento propio da feira e o compartido gozo das degustacións, inclúe actuacións musicais, talleres didácticos e espectáculos propios da ocasión.

O topónimo As Neves alude á milagrosa aparición da Virxe a un neno do lugar un día de intensa nevarada do ano 1667.
O municipio está a media hora de camino desde Vigo pola A-52. Dispón de atraíntes miradoiros desde os que enxergar unha boa panorámica da beira portuguesa do Miño, cauce fluvial que foi fronteira antano e espazo de cooperación na actualidade.