Buscar/Hemeroteca

viernes, 7 de abril de 2017

A Xunta disporá de case 50.000 permisos para visitar a praia das Catedrais

A Xunta de Galicia disporá máis de 48.000 permisos para facilitar o acceso ao monumento natural das Catedrais, en Ribadeo (Lugo). Así o adiantou a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz López, durante unha visita a este monumento, onde avanzou que desde este venres -durante o período da Semana Santa- será necesario contar co permiso de acceso para poder acceder ao Monumento Natural da Praia das Catedrais. Esta solicitude será necesaria para poder baixar ao areal ata o vindeiro 17 de abril e pódese conseguir, de xeito sinxelo e gratuíto, na web: https://ascatedrais.xunta.es/.

Ana María Díaz defende que a medida adoptada e establecida pola Xunta, a de limitar a afluencia masiva de visitantes, foi un acerto porque ademais de asegurar que o visitante poida acceder ao areal, evita un feito máis importante e preocupante, como o de producir alteracións no hábitat das especies, e mesmo nos procesos erosivos da área. Argumentou que esta medida é unha ferramenta que reporta beneficios as xeracións actuais e sobre todo ás futuras, porque se está intentado protexer e preservar este monumento natural e espazo imán.


No hay comentarios: