6ª Ruta Gastronómica do Pincho de Redondela do 20 ao 30 de abril

A 6ª Ruta Gastronómica Do Pincho De Redondela celébrase entre o 20 ao 30 de abril. 30 Pinchos en 30 establecementos de todo o concello e 10 días para saborealos. Cada un local presenta un pincho que se poderá degustar a un prezo de 1,50€. O prezo do pincho mais bebida patrocinadora será de 2,75€. 

Para seguir a Ruta a demais dos folletos que a clientela poderá atopar en todos os establecementos participantes, grazas a "App Redondela de Cerca" da Asosciación de Empresarios de Redondela,  poderá seguirse toda a información sobre esta ruta, así como toda a programación cultural e de ocio de Redondela e ás promocións, ofertas e campañas da hostalaría

As cartillas de selado que estan dispoñibles nos establecementos permiten participar no sorteo de premios como unha noite para dúas persoas no Hotel Balneario Aguas Santas, con ruta termal, visita a adega Regina Viarum e Tren turístico pola Ribeira Sacra; un pase para o circuito termal Talaso de Baiona con cea para dúas persoas e un pase para o circuito Termal do Balneario Palacio del Agua de Mondariz. Para entrar nos sorteo deste premios so serán necesarios 6 selos e poderán cubrir tantas cartillas como se queira.

Podes descargar o Folleto Pinchos 2017 para coñecer todos os establecementos participantes e as súas propostas.