Buscar/Hemeroteca

lunes, 20 de marzo de 2017

Xornada informativa sobre o novo decreto que regulará as vivendas de uso turístico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, ofreceron en Cangas unha xornada formativa sobre o novo decreto autonómico que regulará a partir do 10 de maio as vivendas de uso turístico.

Durante a sesión, Nava Castro subliñou que a nova normativa ofrecerá seguridade xurídica e abrirá novas oportunidades tanto ao sector como aos propietarios e visitantes.

A responsable de Turismo da Xunta destacou que esta regulación cumpre, así, unha demanda tanto do sector hostaleiro como do aluguer de vivendas de uso turístico, cun decreto necesario ante a proliferación de alugar por días ou semanas a vivenda habitual favorecida polos novos portais web que ofertan este tipo de aloxamentos dun xeito rápido e sinxelo. 

Segundo explicou Nava Castro, a nova norma afectará só ás vivendas cedidas a cambio de contraprestación económica a terceiras persoas dúas ou máis veces ao ano e para unha estadía inferior a 30 días consecutivos. “O resto dos supostos de aluguer –precisou- continuarán rexéndose pola Lei estatal de Arrendamentos Urbanos”.

Así mesmo, a responsable de Turismo da Xunta explicou que este novo tipo de aloxamento turístico poderá ser arrendado tanto por empresas como por particulares, sendo os únicos requisitos que establece este decreto a inscrición no Rexistro de Actividades Turísticas (REAT) e que sexa unha vivenda legal e lista para habitar.



No hay comentarios: