Turismo de Galicia presenta o destino en Aucklan, Melbourne e Sidney

Manter e afondar o contacto coas principais empresas organizadoras de viaxes turísticos de Nova Zelanda e Australia é o obxectivo das presentacións da oferta turística galega que desenvolveu Turismo de Galicia nesta semana nas cidades de Aucklan, Melbourne e Sidney.

O departamento de Turismo da Xunta participou xunto á Oficina de Turismo de España en Singapur, no acto de presentación do destino Galicia aos axentes de viaxes máis representativos da cidade neozelandesa de Auckland e a súa contorna.

Así mesmo, os operadores turísticos da cidade de Melbourne e os de Sidney achegáronse á oferta turística turística galega nas presentacións que organizou Turismo de Galicia en colaboración coa Oficina de Turismo de España en Singapur.

Nestas presentacións, nas que participaron máis dun cento de operadores locais, Turismo de Galicia fixo fincapé na difusión dos produtos turísticos relacionados coa natureza e a cultura, así como a gastronomía e os servizos hostaleiros da Comunidade galega.

Ademais, o departamento de Turismo da Xunta presentou o Camiño de Santiago nestes países cuxa presenza no ámbito xacobeo comeza a despuntar. Así, no ano 2016, chegaron a Compostela 5.219 peregrinos australianos e neocelandeses, o que representou un incremento do 14,7% en relación ao 2015.