Sinalización dos recursos turísticos do concello de Ortigueira

Para a financiación dun proxecto de sinalizació dos recursos turísticos do concello de Ortigueira, a Deputación da Coruña, a través do seu Plan de Acción Social (PAS), saca a licitación un total de 30.092 euros.

A Deputación pretende fomentar con esta inversión o turismo no concello e na comarca de Ortegal en xeral, favorecendo a difusión de puntos de interese patrimoniais e naturais, a través de diversos paneis e sinais que se situarán en parroquias pouco habitadas e en pistas que actualmente carecen de indicacións.

As novas sinalizacións, afectan a zona do Picón e os diferentes sendeiros que vertebran a costa de Loiba, unindo os miradoiros, as praias e o coñecido coma "mellor banco do mundo". Esta área ten un atractivo crecente para os turistas, sobre todo durante a época estival, que agora se verá fomentado grazas a carteis que difundirán diversos puntos de interese e mellorarán a ordenación do tráfico.

Tamén se completará, favorecer o acceso aos núcleos de vivendas do rural, a sinalización dos lugares de San Adrián, Peago, Viñán e Serantes, na parroquia de San Adrián; Os Muíños, na parroquia de Mera, e Carballo de Boi e A Rocha, en San Claudio.