
O acto celebrouse no Salón de Plenos do Concello de Leiro, presidido polo delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e no mesmo participaron o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da CHMS, Francisco Marín, e o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández.
O proxecto consiste na recuperación dun tramo de senda na marxe dereita do río Avia, de 193 metros de lonxitude, que actualmente ten unha pasarela de madeira apoiada en pilas de formigón, cuxa estrutura se atopa en mal estado de conservación. O investimento previsto para esta obra ascende a 310.000 euros, achegados nun 32% polo ministerio -a través da CHMS-; un 20%, pola Deputación de Ourense, e un 48% polo Concello de Leiro.