Ryanair comeza a operar dende Vigo as conexións con Milán e Edimburgo

O aeroporto de Vigo estrea esta semana as novas conexións internacionais coa compañía Ryanair que, en palabras de Aberl Caballero amosan a "capacidade de seguir operando" da terminal. 

O pasado domingo comezou a operar a a ruta Vigo-Dublín da aeroliña británica, e Vigo-Boloña, se iniciou este luns. Caben resaltar tamén dúas novidades: a conexión Vigo-Milán, que comezou a funcionar o domingo, e Vigo-Edimburgo que se estrea este mércores 29 de marzo. 

Abel Caballero informou tamén da aprobación, por parte da Xunta de Goberno Local, do concurso para a operatividade dos voos con Valencia, Ibiza e Palma de Mallorca xa que o convocado anteriormente quedara deserto, ao non concorrer ninguén. O Concello optou por facer un novo concurso para darlle transparencia e o máximo de coñecemento a este procedemento.