Preséntase a nova edición da Ourense ICC Week,

A nova edición da Ourense ICC Week, que se celebrará entre os próximos 2 e 7 de maiocontará cunha programación musical do máis ecléctica e con destacados artistas do panorama musical actual.

O martes 2 de maio celebrarase a xornada inaugural do evento, que contará coa actuación de Depedro, o proxecto musical de Jairo Zavala. Depedro presentará no Teatro Principal "El Pasajero", o seu último disco, un traballo sorprendente pola súa propia linguaxe sonora e literaria, tan sinxelo coma cheo de sons.

Na clausura, o ICC Fest, terá como protagonista ao artista internacional Juan Magán, produtor, cantante e remixer español de música electrónica con gran sona internacional.,vistará o Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense ás 22h00 do sábado 6 de maio, teloneado polos DJ's Mike Wass, Prieto Brothers, Pablo Dumore, José Grande, nunha clara aposta do proxecto por fomentar, dar espazo e visibilizar o talento ourensán. Xunto con Lisboa e Madrid, esta é unha das tres exclusivas paradas que Juan Magán fará na súa xira europea deste ano.

Como novedade, os "ICC Show", concertos despois das ponencias e actividades que ofrecerá a programación da ICC Week para que sirvan como punto de encontro entre a comunidade. Así o mércores 3 de maio chegará a Ourense unha nova versión da música de The Beattles da man de The Funkles, unha banda tributo de orixe galega. O venres 5 en en sesión vermú, os Xardíns do Padre Feijoo serán testemuña dos sons de guitarra de Bigott e entenderán por que os dous novos álbums de Malandrómeda, "Os corenta e oito nomes do inimigo" e "Cada can que lamba ou seu carallo", foron elixidos discos nacionais do ano ex aequo na lista que publicou o pasado mes de xaneiro a revista Rockdelux.

Os dous concertos serán de carácter gratuíto, ao igual que o que ofrecerá un artista de presenza internacional que a organización fará público próximamente.