
A organización con sede en Toulouse, que conta xa con dúas décadas de existencia, tiña como ámbito de actuación o sur de Francia agora ampliado.
O encontro contou tamén coa participación de Adeline Rucquoi que forma parte tanto do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago da Xunta de Galicia como do Comité Científico de ACIR.
Ao longo da xornada desenvolvéronse diversas reunións conxuntas nas cales analizáronse propostas de cooperación para participar en programas europeos de interese mutuo.
Tanto para ACIR como para Turismo de Galicia resulta de grande interese poñer en común o traballo de xestión do Camiño de Santiago para definir criterios comsobre temas tan importantes como a sinalización, a acollida en albergues, a relación co sector turístico ou a promoción xacobea, entre moitos outros.