Buscar/Hemeroteca

viernes, 31 de marzo de 2017

O turismo internacional incrementouse en Galicia en febreiro máis dun 23%

Segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), no pasado mes de febreiro, Galicia rexistrou un incremento do seu volume de viaxeiros aloxados nos establecementos regrados do 2,8%, ata situarse en 190.675. O incremento deste ano engádase ao rexistrado nos tres anteriores sendo catro anos consecutivos de crecemento que dan como resultado a cifra de viaxeiros máis elevada dos últimos nove anos nun mes de febreiro.
En termos de volume este incremento tradúcese na xeración de máis de 5.200 novos viaxeiros aloxados na nosa comunidade en relación ao mesmo mes de 2016.

A nivel de mercados, destaca o incremento rexistrado polo turismo internacional do 23,3% no que se refire a cifra de viaxeiros aloxados e dun 19,2% en canto ao nivel de pernoitas de febreiro de 2016. Este segmento suma, así, tres anos consecutivos de subas neste segundo mes do ano –do 7,8% no 2015, do 6,6% no 2016 e do 19,2% agora no 2017-, circunstancia que sitúa os niveis deste ano en máis de 56.000 pernoitas, a cifra máis elevada desde 2010.

Deste xeito, o mercado internacional representou no mes de febreiro o 16,3% do total de viaxeiros aloxados en Galicia e o 17% das pernoitas realizadas polos mesmos. O 92,6% da demanda turística rexistrada correspondeu aos establecementos hoteleiros porcentaxe que inclúe tantos aos hoteis, que representaron o 76,5%, como ás pensións, co 16,1% neste caso. O 7,3% restante situouse, polo tanto, no segmento extrahoteleiro que reúne aos apartamentos turísticos, que representan o 4,6% da demanda total, e aos establecementos de turismo rural, que supoñen o 2,7%.

No hay comentarios: