O Ministerio de Agricultura recoñeceu a IXP Vaca e Boi de Galicia


A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Vaca e Boi de Galicia xa está aprobada a nivel nacional. O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente deu o seu visto e prace a este novo selo de calidade que amparará a carne fresca das vacas e bois de razas galegas. Funcionará de xeito conxunto con Ternera Gallega.

O seguinte paso pasa por que esta indicación teña recoñecemento europeo. Para iso, o ministerio trasladará a documentación á Unión Europea para acadar o amparo no ámbito comunitario. Este proceso pode demorarase entre ano e medio e dous anos, por iso, para que a IXP poida comercializarse mentres tanto, a Consellería do Medio Rural solicitará a protección nacional transitoria que permite utilizar o selo a nivel estatal. Calcúlase que se obterá no mes de abril.

Este novo indicativo de calidade diferenciada amparará a carne fresca procedente de vacas e bois das principais razas existentes en Galicia. Para que sexanrecoñecidos como tal, os animais deben nacer, criarse, engordarse, sacrificarse edespezarse en Galicia e pertencer ás principais razas de vacún de Galicia como a rubiagalega, morenas galegas, asturiana dos vales, limusina, rubia de Aquitania, pardo alpina e frisona.

Para os efectos da protección desta IXP defínese como vaca aquela femia que tivo polo menos unha xestación antes do sacrificio e como boi o macho capado antes do ano de vida e que supera os 48 meses de idade no momento do sacrificio. Os animais deben someterse a un período de engorda antes do sacrificio, que se recomenda que dure como mínimo 6 meses, para lograr un bo estado de carnes e un grao de engraxamento óptimo.