O Aquis Querquennis na nova imaxe do ICC Week

Despois de utilizar na primeira edición da Ourense ICC Week no 2015 a imaxe da Ponte do Milenio e o edificio Viacambre de Rodríguez de la Cruz na edición do 2016, a imaxe escollida para esta edición, é a do campamento romano Aquis Querquennis de Bande, máis coñecido como A cidá, nunha aposta por reivindicar e poñer en valor o patrimonio da provincia.

O presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, e os organizadores do evento, Juan Rivas e Manuel Araújo destacaron que a nova imaxe está centrada no patrimonio e coa gastonomía e a tecnoloxía ocupando lugares destacados.

Juan Rivas e Manuel Araújo, da organización da Ourense ICC Week, avanzou unhas pequenas pinceladas do contido que o evento achegará este ano á cidade: unha mesa sectorial gastronómica e a celebración da ICC TECHNIUM, unha Lan Party en colaboración coa Asociación Sectorial de Estudantes de Enxeñaría Informática (ASEII) e a Escola Superior de Enxeñería Informática (ESEI) da Universidade de Vigo.

A ICC TECHNIUM, que se celebrará do 4 ao 7 de maio dentro do marco da ICC Week, dará cabida a unhas 500 persoas no Polideportivo do Campus de Ourense, dotará o recinto de conexión de fibra óptica de altas prestacións cunha zona interna con conexión á rede eléctrica e internet por cada praza. As inscricións estarán abertas a partir do próximo 8 de marzo na páxina web www.ourenseiccweek.com, tal e como apuntou Araújo. O evento repartirá máis de 4000€ en premios ademais de contar cunha zona de ocio, actividades, charlas, conferencias e torneos dos principais e-sports (League of Legends, CS:GO...), tanto e PC como nas distintas consolas.


Alén desta aposta pola tecnoloxía e tal e como desvelou Juan Rivas, a ICC Week tamén terá un especial lugar para a gastronomía dentro das conferencias previstas para esta próxima edición nunha mesa moderada por Alfonso López (Recetas de rechupete) e encabezada por Pepe Solla (Casa Solla), Javier Olleros (Culler de Pau), Mónica Escudero (El Comidista), Julio Sotomayor e Daniel Guzmán (Restaurante Nova).