Nova convocatoria do programa Galicia Exporta Empresas

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou unha nova para, cun orzamento de 6 millóns de euros (un 20% máis respecto á convocatoria anterior), axudar a 300 pemes a incrementar as vendas ao exterior e mellorar a súa competitividade.

Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo subliñou que, por primeira vez, este programa non só se destina ás pequenas e medianas empresas, senón tamén aos autónomos, chegando a subvencionar o 70% do investimento nas seguintes actividades: prospeccións en mercados internacionais e actuacións de difusión e promoción, como a participación en feiras e exposicións. Así mesmo, o responsable do Goberno galego subliñou, como novidade, que se apoiará tamén aos solicitantes que operando en Galicia, queren captar clientes estranxeiros.

A anterior convocatoria deste programa concedeu axudas para facilitar a internacionalización de 232 empresas galegas. E, entre as pemes beneficiadas destacaron as agroalimentarias, as de téxtil, construción, servizos e maquinaria e equipamento.